Concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección de centros


01 Abr, 2019

DOGORDE do 14 de marzo de 2019 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Requisitos que deberán posuírse e ser acreditados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira

b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario

c) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta.

d) Estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva, ou curso de actualización de competencias directivas.

e) Estar en situación de servizo activo

f) Presentar un proxecto de dirección

3.1.A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da provincia corres-pondente e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt.

3.2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande, ata un máximo de dúas.

Este proxecto estará á disposición dos membros do claustro de profesores e do consello escolar na secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a dirección do centro.

No taboleiro de anuncios da sala de profesores exporase unha relación das candida-turas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na Secretaría.

4.1. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario O cial deGalicia.