Oposiciones Galicia 2019: convocatoria del cuerpo de maestros, secundaria y otros cuerpos.


10 Mar, 2019

DOG - ORDE do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

 INFORMACIÓN XERAL sobre matrícula

 PREGUNTAS FRECUENTES

Boletín Resumo

Cando se nomeen tribunais en máis dunha provincia, os tribunais número 1 de cada especialidade recaerán nas localidades de Pontevedra ou Vigo.

2.1. Requisitos xerais...

g) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo a que se aspira a ingresar, agás que se concorra ao procedemento para a adquisición de nova especialidade a que se refire o título II desta orde, no cal o persoal funcionario de carreira poderá participar. 

h) Acreditar o coñecemento do galego.

3.1. Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.es/oposicions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización das probas de máis dunha especialidade.

3.2.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

3.2.2. Non será necesario achegar nin a titulación alegada nin a acreditación da formación pedagóxica e didáctica nin o documento xustificativo do coñecemento do galego ou, se é o caso, do castelán, no caso daquelas persoas que xa o fixesen nos procedementos selectivos convocados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional desde a Orde do 17 de marzo de 2014 sempre que a persoa interesada outorgue o seu consentimento.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

3.7. Prazo de presentación de solicitudes. 

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

3.8. Importe e pagamento dos dereitos de exame. 

O pagamento do importe dos dereitos de exame realizarase de forma electrónica.

Base novena. Acreditación do coñecemento do galego

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, terá lugar o día 7 de xuño de 2019, ás 18.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela) e consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo IV e nunha tradución do castelán para o galego.

O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño de 2019 ás 9.00 horas.

A orde de actuación do persoal aspirante iniciarase alfabeticamente por quen teña como inicial do primeiro apelido a letra Q .

Disposicións complementarias ao BAREMO (entre outras)

Primeira. Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados e xustificados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Novena. Nas certificacións dos cursos organizados polas universidades deberán figurar a sinatura da súa reitoría ou vicerreitoría competente ou persoa en quen delegue. Non son válidas as certificacións asinadas polos departamentos ou polas persoas relatoras destes.

Décima. Teranse en conta as horas que figuren nas certificacións ou diplomas das actividades de formación. No caso de que figuren horas e créditos, prevalecerán as horas sobre os créditos.

*** Para cada especialidade posuír unha das titulacións que se relacionan na Orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, de Profesores de Ensinanza Secundaria, de Profesores Técnicos de Formación Profesional e de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou, de non tela, superar a primeira proba.