Oposiciones Galicia 2021: modificación de la orden y nuevo plazo para los profesores técnicos de formación profesional.


26 Ene, 2021

DOG - ORDE do 15 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

- Que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade procederá a abrir un novo prazo de solicitude no corpo de profesores técnicos de formación profesional, unicamente naquelas especialidades en que, en virtude da acumulación, se incremente o número de prazas.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles, do 26 de xaneiro ao 15 de febreiro.

 As solicitudes e o pagamento dos dereitos réxense polo establecido na base terceira da Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo).

Terceiro. Requisitos que debe reunir o persoal aspirante

3.1. De conformidade co establecido no artigo 3.2 do Decreto 4/2021, do 14 de xaneiro, a esta orde resultaranlle de aplicación as bases que procedan dos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 e, en particular, os requisitos establecidos na súa base segunda, subepígrafe 2.3.3.

3.2. Todas as condicións e requisitos establecidos na base segunda da Orde do 24 de febreiro de 2020 deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes establecido no punto segundo da presente orde e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira

Cuarto. Non obrigatoriedade de realizar unha nova solicitude

4.1. Non terán que realizar unha nova solicitude aquelas persoas que a xeron no prazo do 1 de xuño ao 19 de xuño de 2020.

4.2. Aquelas persoas que presentasen a solicitude de participación neste proceso no prazo de inscrición comprendido entre o 1 de xuño e o 19 de xuño de 2020 e desexen modificar a quenda de ingreso, a exención da proba de coñecementos da lingua galega ou outra circunstancia, poderán efectualo mediante a formalización dunha nova solicitude que anulará a anterior, sen necesidade de que efectúen un novo pagamento das taxas.

De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.