A ACTUALIZACIÓN DOS DATOS FARASE CADA CERTO TEMPO EN FUNCIÓN DAS SOLICITUDES QUE HAXA E DAS POSIBILIDADES e poderanse ver desde a entrada correspondente ás permutas no menú. Polo tanto rógase a tódolos solicitantes que non envíen as peticións repetidas e que, no caso de obter destino definitivo desexado ou de non querer formar parte desta base por outra causa soliciten a baixa da mesma ao noso correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.es para poder ofrecer a información o máis actualizada posible. No caso de querer facer algún cambio na solicitude tamén deben indicar que se trata dunha modificación.
Unha vez cuberto o modelo de solicitude, este debe imprimirse para poder gardar os datos escritos. A impresión pode facerse cunha impresora virtual que xerará un ficheiro en formato PDF. Esta impresora virtual pode descargarse no enderezo http://pdfcreator.es/